carmucha

o que todo o mundo sabe e ninguén quere dicir

A minha fotografia
Nome: Carmucha
Localização: Terra Chá, Galiza

Sábado, Maio 13, 2006

maría yáñez // todonada

Un dos blogs que máis chamou a miña atención desde o momento que comecei a interesarme polo blogomillo foi o de María Yáñez, Todo Nada e chamou a miña atención non por méritos propios, senón porque xa desde aqueles primeiros días, a señorita Yáñez deu mostras da súa proverbial habilidade para a propaganda e autobombo sen complexos. A nosa amiga María vai para os 28 anos e xa traballou de directora de bravu.net e agora directora de Vieiros. Quén o diria!! Alén de todo isto publica artigos onde pode ou onde lle deixan. Vamos comentar todo todiño.
O autobombo: o seu blog está focado niso. Chegou da nada e, en dous días, tirando dos fíos púxose no centro de todo. E como? Empregando a estratexia do rapeiro. A avoíña Mucha váivolo explicar: Na MTV, por exemplo, poñen moitos videos de rapeiros con "featuring tal e cal" detrás. Unha vez o rapeiro consegue o seu primeiro éxito, convida os seus amigos a colaborar nos seguintes e iso fainos famosos a eles, e a el aínda máis, e estabelece un novo star system, que foi o que, aos meus ollos, fixo María. Isto é, abrir blog, saír no periódico, facer que todos os seus amigos sacaran blog, facerlles publicidade e de aí en diante, non crear contido, senón anuncialo. O blog de María non soe ser o punto de partida de nada en absoluto, simplesmente anuncia cousas e copia posts, sen engadirlles moito.
Agora vexamos a aplicación real do autobombo. Ediciós A Rotonda foi un éxito publicitario. Colleu a novela dun amigo, que non lla querían nin nas editoriais galegas, que publican case calquera cousa e púxoa na rede, con moita cerimonia e publicidade, así seguramente lla lea máis xente que en papel pero o verdadeiro éxito, como dicía, é o publicitario.
Todo isto explica que o seu blog vaia abaixo, que é que, despois de anos de contactos e autobombo conseguíu ser nomeada directora de Vieiros. Ainda así, dá a impresión de que esa tampouco é a súa principal dedicación a xulgar polo descenso de calidade e cantidade nos contidos.
Non todo vai ser falar mal da nosa amiga María. Temos algo que agradecerlle. A dia de hoxe os foros de Vieiros son mais potábeis e mesmo podo entrar sen risco de infarto. Obrigada, María!!

11 Comments:

Blogger María said...

Falar mal? A verdade é que a min non mo pareceu, e case todo o que dis é certo. Quitando o penúltimo parágrafo: Vieiros é a miña principal dedicación, vaia se é. Así que se baixa na calidade e na cantidade (?) nos contidos é enteiramente culpa miña. Grazas por dedicarme o teu primeiro post, a ver se nos próximos nos esmeramos máis.

14/5/06 4:26 PM  
Blogger Cesare said...

:lol:

14/5/06 5:02 PM  
Blogger Cesare said...

ladran, maría. Logo cabalgamos.

14/5/06 5:07 PM  
Blogger María said...

Vaia, ía darche as beizóns polo dos rapeiros pero xa non te vexo... En todo caso ben as mereces.

14/5/06 5:40 PM  
Blogger María said...

Por outro lado, non sei que outra misión que non sexa o autobombo teñen os blogs. Andar comentando en casa doutros para que che entren na túa forma parte da estratexia publicitaria. De primeiro de blog, iso si.

14/5/06 6:13 PM  
Anonymous ultramarinos carmiña said...

típico post de blog do ano 2001...

carmuchiña donde estiveche os últimos 5 anos? lendo a nosa terra? lendo a kafka e kafkandotela?

abra vostede technorati pola páxina 3 e non postee outra vez ata aprenderse ben a lección. e a ver se nolo curramos un pouco a proxima vez para non andar facendo simulacros de flame wars. que xa somos maiorciños.

14/5/06 6:24 PM  
Anonymous chocomillo said...

E quen ven sendo María Yáñez? Que eu saiba a importante é Pepa Yáñez.

14/5/06 9:25 PM  
Blogger Cesare said...

lol
moi bo ese último post...

15/5/06 8:20 PM  
Anonymous Amiguismo profesional said...

Outra vaca no blogmillo esta rapaza.

22/5/06 1:22 PM  
Blogger nona said...

Nunha cousa non estou de acordo contigo. Creo que Todonada era moi moi divertido cando María tiña tempo para adicarlle, hai un ano ou así. Eu ríame moito tal vez porque compartía a súa maneira de ver a as cousas. Polo demáis, claro que é autobombo. Ou exhibicionismo. Ou chámalle X. Pero ben escrito, que eso vale moito no medio desa prosa arañeira que tanto abunda nos blogs.

2/6/06 12:17 PM  
Anonymous Anónimo said...

Nanana... nom fagas caso, Maria, que som os de El Correo a fazer-che competência...
A verdade é que sem o Todo Nada e sem a VA-CA o blogomilho precisa que o reguem.

18/10/06 11:20 PM  

Enviar um comentário

<< Home