carmucha

o que todo o mundo sabe e ninguén quere dicir

A minha fotografia
Nome: Carmucha
Localização: Terra Chá, Galiza

Sábado, Maio 20, 2006

cultura e (neg)ocio

Desde a prexubilación, o meu marido colleu o hábito de sair da casa todos os días, nada máis erguerse e tomar o primeiro café, para ir buscar o xornal. Volta sempre con el baixo o brazo e un enorme sorriso de satisfacción polo traballo ben feito. Eu enténdoo, a xente que deixamos de traballar tendemos a crear pequenas rotinas que den algo de sentido á vida. Outros escreben blogs, que está como na moda; meu maridiño compra xornais que non le. Dálles voltas, pasa as follas unha e outra vez mirando as fotos con ar ausente, e á tarde fica dormido baixo o manto cariñoso das páxinas locais, as nacionais, internacionais ou as de anuncios por palabras. Agora, nunca as culturais. De todos é ben sabido que todo o que cobren as páxinas culturais dos diarios galegos está morto.
Manuel Bragado, xerifalte de Xerais, fai horas extras nos mandos de Brétemas, o que podería ser chamado as páxinas culturais do blogomillo, colección de palmadiñas nas costas alleas e proprias polo ben que escribimos nesta literatura "emerxente" (eu diria submerxida), de crónicas futboleiras e reflexións tinxidas de intelectualismo e optimismo subsidiado. E como as páxinas culturais, só interesa a quen aparece nelas, aos seus publicados e homenaxeados (valla a redundancia), para ver se saen ben na foto. É unha devolución permanente de favores: ti publícasme, eu falo ben de ti. Bragado, uhm, que nome tan suxerente. Non sei qué faría máis de un(ha) para conseguir (eis a palabra clave) un libriño nesa gran editorial que é Xerais. Lembremos que Xerais é esa gran editorial, como dixen, que recebe subsidios polo gran traballo de normalización e dignificación do galego (!).
Agora si, non é obxecto meu criticar a Xerais, aqui e agora, ollo. O que quero é dicir verdades, como reflicte o meu subtítulo. Simplesmente comentar, para quen nunca entrase en Brétemas (que probablemente sexamos quen non publicou en Xerais nen ten vontade de facelo), o que ia dicir, que me andan meus netiños por aqui a enredar, é que espero non encontrar a Brétemas (o blog) na lista de subsidios da Xunta porque aí xa sería un escándalo. Ollo, con isto non quero dicir que toda a literatura publicada por Xerais sexa unha merda. Hai merdas super grandes, merdas medianas, e merdas que nin merece a pena comentalas.
Así que, Brétemas, por favor, deixa de imitar o suplemento de Cultura de La Voz de Galicia e dedícate a cousas máis necesarias como ler o que publicas. Basta de chupar (polo menos da Xunta, que de outras cousas non falamos). Grazas polo teu tempo.

12 Comments:

Anonymous silveira said...

Ai, señora Carmucha, canta mala leche, que mal lle senta a xubilación! Ten que mirar o do corazón, é malo para a saúde ter por dentro tanta xenreira. Iso si, desde hoxe poña a botella de caña no máis alto do chineiro, faga o favor.

21/5/06 5:54 PM  
Blogger Brétemas said...

Quedo moi obrigado polo seu interese polas miñas lecturas. Lamento que non goste do que facemos.

21/5/06 7:49 PM  
Blogger atrapado said...

grazas polo comentario, carmucha. e nada, seguir facendo crítica da razón galega... ala! que vaia ben.

21/5/06 8:27 PM  
Anonymous O vixía said...

Poida que, en maior ou menor medida, teñas razón en certas cousas que escribes, pero o que teño claro é que te perdes polas formas e, amais, polo teu esquema reducionista dunha realidade que é ben máis complexa: non todo é negro e hai que ser "xusta" escribindo para saber distinguir os matices.
Alén diso, non estaría mal que, cando acuses, deas datos CONCRETOS, quero dicir, que DOCUMENTES as túas acusacións, pois do contrario corres o risco de que, como xa fixo Silveira, crean que es "unha" resentida, ou, como che demostrou o propio Brétemas, non se dignen a contestar nos termos e modos que empregas, ou, como che deixou caer Atrapado, te deixen ir como "unha" extravagante furibunda.

Aínda así, interésame o que contas e seguireite. A ver se chegas ao San Ramón "mellorada". Saúde e longa vida.

22/5/06 12:31 AM  
Anonymous Amiguismo profesional said...

As verdades verdadeiras son moi malas de aceptare, ailalelolá, ailalelolá.

22/5/06 1:20 PM  
Anonymous Anónimo said...

Con total franqueza non creo que ningunha, nin ningún, tratase de publicar un libro con algúns dos medios que se insinúan. A xente aínda non ten tan mal gusto.

23/5/06 1:45 AM  
Anonymous Anónimo said...

A ver, ho, contra quen vas ir agora? Contra Cesare? Contra Jaure? Contra Pawley? Agardamos ansiosos o teu novo post. Inda se van picar os que non saian aquí.

23/5/06 6:23 PM  
Anonymous chocomillo said...

Carmucha, cando queiras chulazo para editar en papel o teu Blogomillo Babylon, asubía.

27/5/06 1:51 PM  
Blogger pablo gonzalez said...

Señora Carmucha,

Os meus parabéns polo seu marabolliso blog. Non faga caso de tanta envexa e siga a decir o que todos sabemos e a todos nos sinta tan mal. Alguén tiña que facelo e espero que os meus netiños sigan a gostar das súas opinións, que fago miñas.

Que non guste é o millor sinal de que o fai ben.

6/6/06 2:58 PM  
Blogger ana pastor said...

Xenial, se lle conto o que eu penso sobre tanto defensor da cultura galega, os bloqueiros morren do xunto.
Continue informando que a verdade e bo coñecela aínda que non sone a música.

7/6/06 3:23 PM  
Anonymous Anónimo said...

You have an outstanding good and well structured site. I enjoyed browsing through it »

15/3/07 8:30 AM  
Anonymous atopar said...

Anunciate Gratis en Galego


www.atopar.es "Anuncios en Galego"

31/10/08 9:58 PM  

Enviar um comentário

<< Home