carmucha

o que todo o mundo sabe e ninguén quere dicir

A minha fotografia
Nome: Carmucha
Localização: Terra Chá, Galiza

Terça-feira, Maio 30, 2006

amencer en azuis

Os teus beizos senlleiros estarrícanme en laparadas de intenso delirio e profundas andrómenas. E todo porque esquecín tomar as pastillas. Pero hai quen non ten este tipo de xustificación: quen día trás día bota a sua singular imaxinación a pacer nos eidos do blogomillo. Refírome aos moitos blogues persoais que abundan pola rede galega. Unhas enigmáticas obras de non sense nas cuais o verdadeiramente fascinante non é o contido, senón o misterio que envolve aos motivos que levan a unha persoa humana e galega a perder o tempo en caralladas semellantes. O relativo anonimato que garante a rede anímanos a moit@s a expor as ideas que moitas veces non podemos ou non queremos dicir á cara. No caso da caste de blogueir@s de que estou a falar hoxe esa tendencia é á inversa. Agachándose baixo un seudónimo botan á rede pensamentos que quizais non lle interesen a ninguén... Pero iso amiguiños nunca o saberemos porque están camuflados baixo presuntuosos disfarces de intimismo intelectual e de grandes doses de hormonas.
Exemplos desta irritante raza blogueira son Abril e Revoluçao, Levitando no meu cosmos de dianas e Paraxe do incordio. Poderíamos citar moitos mais dentro deste xénero dominado por mulleres noviñas universitarias e sensibles; pero non é en absoluto necesario porque visto un, vistos todos. Desde os nomes, que son sempre como de novela francesa dos anos 60 até ese vicio de escribir posts en segunda persoa.
Botemos un ollo, por exemplo, a Noite Subsahariana. Nada máis entrar pensaríamos que se trata de un blogue de unha estudante de Filosofía ou calquer outra carreira significada polas suas amplas saídas profisionais. Os seus posts pseudoliterarios inundan un mar de comentarios de admiradores, amigos, rapaces que procuran moza pola rede. O que se diga no post non é o importante, a esencia de postear son os comentarios que che vaian deixar tan crípticos como o post e que como este agachan detrás frustración sexual. Agradécense os posts curtiños, fáciles de comentar, sobre temas próximos como o cobertor (grande tema de debate).
O mellor de todos, a quen eu adoptaría como neta é a Mariña de Allegue. Unha nena ben rebulideira e que nos deslumbra coa sua obra artística. Síntome identificada con ela cando pon esas fotos do estropajo. Pero tamén me gustan as suas frases que, en teoría, teñen que ver coa imaxe. Admiro o seu exhibicionismo kamikaze, ese xeito de amosar a sua arte. Esa valentía de sair "al ruedo" de internet despregando o seu catálogo que non ten nada que envexar ao de persoeiros tan significados como Miguel Temprano.
O meu consello para estas rapariguiñas é que botedes un mozo que vos meta en cintura, pero que non sexa como o de De catro a catro.

33 Comments:

Anonymous blogueiro disfarzado said...

Haberá que facer os comentarios anónimamente, non vaia ser que o dedo vingador de dona Carmucha diga que nos cheiran os pes ou que as nosas metáforas son do colexio das monxas.

¿Onde hai que se poñer á cola para que retrate vostede o meu blogue?

É certo, Carmucha, quero ser famoso coma ti.

30/5/06 4:03 PM  
Anonymous cacho said...

hostia, tes un aire coa miña avoa... pero ela ten 96 anos. apóstome o pescozo a que es un rapaziño que estuda xornalismo. ISO SEGURO. e como andas aburrido como unha ostra non tes nada mellor que facer que ir criticando a todo cristo, non si?

PLAS PLAS PLAS bravoooo!!!

vaia esforzo meu, criticar... cando remates a carreira seguro que che collen no Tomate ou nalgunha merda desa. si señor, podes sentirte ben orgulloso. se querías fama xa a conseguiches. mágoa que sexa da peor maneira.

que che aproveite!

30/5/06 4:19 PM  
Blogger TXARI said...

ok, colhido o toque de atençao!... a partires de agora intentarei escribir máis como a voçê lhe guste que segundo di é o verdadeiro e único sendeiro, e agardo tivera éxito na súa recomendaçao de que nom lean blogs coma o meu , reciba un saúdo de todolos jeitos o único que me gustaría pedir é que puidese concederme un chisquinho dese precioso tempo que voçê derrocha en diçirlhe/recomendarlhe á gemte que façer, que ler (iiso di muito de que nom ten demasiadas coisas que dizer)en prestarmo a min que cada día tenho menos para adicarlho ao blog...

30/5/06 7:47 PM  
Anonymous Capitán Tormento said...

Felicítoo por este blog tan necesario, que non ten pelos na lingua e que di as verdades do barqueiro. Estes blogueiros que vostede selecciona (e anímoo a seguir nesta liña) por unha parte son exhibicionistas totais, pero polo outra non queren ser sometidos a crítica.
O seu é un labor encomiable e terapéutico, porque neste pobre país todo é palmadiñas nas costas e xabrón, moito xabrón.
Vai sendo hora, pois, que alguén lle chame parvo ó parvo e aproveitado ó aproveitado. Lereino sempre. Parabéns.

30/5/06 7:57 PM  
Blogger SurOeste said...

Tía Carmucha, neste último post asómalle un pouco a pirola. Agáchea, muller, agáchea que queda moi fea entre os refaixos.
Arreneghado sexa o maligno, que me fai ver cousas!

31/5/06 12:19 PM  
Anonymous cheme said...

Os meus parabéms xD

31/5/06 12:50 PM  
Blogger María said...

Aínda que poida compartir moi de lonxe algunha opinión, flipo macísimo coa misoxinia deste post. Parece mentira en ti, Carmucha. Aínda que o que parece máis ben é que esa perda de tempo en ler blogs que non che interesan resposta ao máis simple e primitivo onanismo.

Cóidate, anda.

31/5/06 1:31 PM  
Blogger folerpa said...

Pois o cobertor de laurindinha erache ben bonito Carmucha.

31/5/06 6:17 PM  
Anonymous Anónimo said...

Laurindinha era a máis ñoña de todos.

31/5/06 6:25 PM  
Anonymous Anónimo said...

Pero dos peores sobretodo, o da Pícara de Allegue. De que carallo se supón que vai? E as citas? que pasa, xa son elas malas ou a traducción é horrenda? E ese espazo roxo? aaahhh! rollito comunista ou enarbolación ao óvulo caído?

31/5/06 6:32 PM  
Blogger Caufield said...

¿QUE PASA QUE CADA UN NON PODE FACER COA SÚA VIDA E CO SEU BLOG O QUE LLE DÉ A PUTA GANA?
1. NON ME CONOCES
2. NON TES PUTA IDEA DE SE SON ÑOÑA OU NON E SE O SON E O QUERO P0ÑER NO MEU BLOG E O MEU PROBLEMA
3.HOSTIA
4. É FACIL CRITICAR AOS DEMAIS, TANTO O QUE FAN, COMA AS PERSOAS, ISO DEMOSTRA QUE TIPO DE PERSOAS ES
5.LAMENTABLE
6.NON TE VOU A INSULTAR A TI, PERO PODERÍA
7.CARALLO
8.SE NON CHE GUSTA NON ENTRES E VAI A MERDA UN POUCO
9.GRACIAS POLA TÚA ATENCIÓN
10.QUE TRISTE QUE ESCRIBAS ALGO ASÍ E, AÍNDA POR RIBA TEÑAS QUE DEIXAR COMENTARIOS X AÍ PARA QUE CHE ENTREMOS AQUÍ E TE POÑAMOS A PARIR!
11.¿PRECISAS QUE NO TEU BLOG ENTRE XENTE QUE INSULTAS PORQUE SI NO NON ENTRA NINGUÉN OU QUE?
12. OBRIGADA, E QUE CHE DEN BASTANTE

1/6/06 11:33 AM  
Anonymous Capitán Tormento said...

Uns poden poñer nos seus blog o que lles dea a real gaña, e outros poden poñer tamén nos seus blog o que lles dea a real gaña.
Dito doutro xeito: Caufield ten dereito a poñer horteradas no seu blog, e Carmucha ten dereito a opinar no seu blog que son unha horterada.
Ou como vai ser!
Liberdade de opinión para opinar do que eu queira, pero non liberdade de opinión para que outros opinen do que eu opino?
A lei do funil, meus!

1/6/06 11:55 AM  
Anonymous Capitán Tormento said...

... E quen se pica, allos come!

1/6/06 11:57 AM  
Anonymous rapariguinha hormonal e sensibleira said...

as críticas, señora carmucha, hai que saber facelas, ou é que non lle ensinou nada a vida? ten un estilo moi pouco coidado, que peca un pouquiño de moitas cousas: de sensacionalismo, de envexa... o que parece é que vostede pretende ocultar as súas carencias criticando as faltas de outros.
e se non... porque criticar os blogs mediante un blog que é moito peor que os que vostede critica, xa que soio se adica a poñer verde a todo o mundo? pretende combatirnos coas nosas propias armas?
fale con fernán-vello, quizais teñan algo en común. senón, sempre lle quedará ver a telenovela e cotillear coas veciñas do resto do pueblo. e fágame un favor: se vai seguir tendo este blog tan patético e mediocre, mellor que o deixe...

1/6/06 11:58 AM  
Anonymous aultre narai said...

a liberdade dunha persoa remata onde empeza a dos demais. fai o que che saia dos collóns, pero non molestes aos demais, vale?

mira que hai que ser retorcidos...

1/6/06 1:43 PM  
Anonymous O'Xirarei said...

Soa interesante que alguén a medio camiño entre un neogurú da blogosfera e a veciña máis lercha do barrio se adique a iluminarnos co seu verbo lúcido e a súa análise elevada.
Evidentemente, calquera ten dereito a falar, que é de balde, e tamén a criticar, que é máis de balde aínda. De calquera xeito, dubido bastante do xuízo valorativo de quen fai críticas baseándose unicamente na descalificación, ademais de criticar cuestións nas que ela mesma cae: véxase o anonimato, as frases grandilocuentes ou o simple feito de adicar o seu blog a falar dos demais.

Se ollas á utilidade e á evolución do fenómeno dos blogs, en Galiza e tamén fóra, poderás ver que unha porcentaxe bastante elevada ten coma temática fundamental -ou coma unha elas- o de ser utilizados a xeito de diario. Como sei iso? Porque leo blogs, e tamén porque hai quen os estuda, igual que hai quen estuda o ciberxornalismo ou o crecemento dos fungos. Polo tanto, que cadaquén poña no seu blog o primeiro que lle pase pola cabeza é bastante...lóxico?

Por outra banda, xa que alimentei o teu ego non só falando de ti senón tamén sumándoche unha visita, tereiche que recoñecer algo: es tan sumamente xenerosa/o que es quen de agasallar o teu tempo a todo un gran sector do blogomillo deixándolle comentarios co único obxectivo de que veñan ver as túas perlas cultivadas. Como apuntaba María -oh, certo, que só se adica a desenvolver o autobombo, cielos-, coido que o onanismo, ademais do afán de protagonismo e o síndrome sé-más-que-nadie che fai facer certas cousas. Reláxate que con tanta tensión vas morrer moi novo, e tampouco é para tanto a cousa.

1/6/06 3:57 PM  
Anonymous chocomillo said...

O tema é: rasurado ou non? Gobi ou Selva Negra?

1/6/06 5:10 PM  
Blogger acedre said...

Eu tamen quero que fagas unha analise do meu blogo, vale ?.
Ainda botei unhas risas co este blogo...

2/6/06 3:24 AM  
Blogger nona said...

Vaia, ho, por fin apareceu un destroyer no mundoblog galego. Benvido. E cálmenseme todos, que teñen malas tragadeiras. Os seus blogs son moi repectables, pero os seus berrinches contra o crítico quedan fatal.

2/6/06 11:56 AM  
Anonymous Anónimo said...

Aquí, neste país, case todo o mundo cre que é magnífico no que fai (que se escritor, que se xornalista, que se poeta, que se investigador, que se editor, que se músico, que se empresario, que se político, que se sindicalista, que se profesor, que se intelectual, que se blogueiro). E como non hai unha crítica solvente EN NADA, todo cristo está acostumado unicamente ás felicitacións, a que lle alimenten o ego, a que lle dean xabrón e coba, moita coba. Nunha frase: aquí sempre é de noite. E DE NOITE TODOS OS GATOS SON PARDOS.
Pero tan axiña como alguén se pon en plan realmente crítico, aplicando o seu propio punto de vista e sen caer en servilismos nin complacencias, todo o mundo comeza a axitarse, a poñerse nervoso, a perder os papeis, a insultar en plan arrabaleiro. De súpeto, a autosuficiencia esfúmase, o ego treme e súase frío: o rei está espido!

2/6/06 7:10 PM  
Blogger Caufield said...

non se trata de criticar ou non, trátase de desprestixiar e poñer a parir, non de crítica constructiva
é aínda que nos enfademos, ¿póñennos a parir e non podemos cabrearnos?¿aparte desta forma, en plan descalificar?
non sei, eu non estou acostumada a que a xente me eloxie nin nada polo estilo, pero tampouco a que me poñan a caer dunha burra en plan aloloco. Polo demais é libre de criticar o que queira, se se trata dunha crítica basada en feitos e por algo, non en plan criticar por criticar. Que creo que é o caso.

5/6/06 10:41 AM  
Blogger pablo gonzalez said...

A cultura galega básease en que ti me lambes o lombo e eu cho lambo a ti. E pouco máis hai, subvencións á parte. Ata Quessada ten o morro de opinar e aquí todo o mundo cala por que é un xenio. Da fotocopistería engado eu. A quen non lle goste, mala sorte, a facer crítica constructiva á universidade, a ver se che deixan de mileurista.

Dona Carmucha, é vostede o que o blogomillo necesita. Hai de todo en Galiza menos crítica. O que di vostede o repiten despois nas cafeterías como base do galeguismo rampante. Máis crítica e menos onanismo. Os meus netiños adoecen polo seu próximo post, que non lle coman a moral.

O malo do internet é que non hai horario de protección do menor, así que entre o Tomate o vostede hai a mesma diferencia que entre culturagalega.org e bretemas. Todos no mesmo saco, e se ó metala man, te morden, pois ¿qué queres, meu ben? Unha lei para protexer a tua sensibilidade? Anda a buscar a Aznar.

6/6/06 3:15 PM  
Blogger Madeleine said...

"O meu consello para estas rapariguiñas é que botedes un mozo que vos meta en cintura"

non sei se preguntar un por que... non sei, paréceme unha frase moi cuentamecomopaso. Se cadra quedaches nos Santos Inocentes de Delibes. Creo que a marquesita dí unha frase polo estilo

6/6/06 10:59 PM  
Blogger SurOeste said...

Eeee... morrería a Carmucha?

9/6/06 11:50 PM  
Anonymous Capitán Tormento said...

Non creo. Estará a estudar sesudamente os blogs para ofrecernos, proximamente, unha nova exclusiva.
Treme mundo!

10/6/06 6:18 PM  
Blogger Caufield said...

é a primeira vez que leo isto todo enteiro (e calmada)
non ando nada orgullosa do meu primeiro comentario aquí, nacido dun enfado grande, moi grande
deume igual que me criticaras, o problema foi, sen dúbida ningunha, a frase final, apuntada por madeleine e que non quero repetir, porque simplemente dáme demasiado nox
case nunca me enfado, pero querida señora carmucha esa frase crispoume de maneira incrible, seguramente a vostede faralle gracia e afirmara que e unha pataleta de muller noviña e universitaria sensible
non llo creo, esa frase é unha OFENSA, a moitas das cousas nas que cre demasiada xente, a que, seguramente vostede despreciará, coma amosa no seu machismo abafante
paréceme incrible que alguén poida facer un comentario deste tipo nos tempos nos que andamos (a ben, andan a facer campañas a favor da igualdade e tal pero que son,uns que tamén as fan e dinlles que están ben aínda que son unha basura porque, claro é a cultura galega e en iso consiste, ah que saen actores que triunfan por aí adiante, en Madrid e tal, onde todas as críticas que se fan positivas realmente o MERECEN e non hai enchufes, non iso só pasa na cultura galega, na que todo é unha basura pero básase en que nos eloxiemos uns aos outros
¿é asÍ?
pois pouco máis, miña queridiña, ¿que me metan en cintura?
¿onde se criou?
por favor
é que é aberrante que siga pensándose así, a desgracia é que non é vostede soa, que se lle vai facer
¿igualdade?
se foramos rapaces poñería "buscade unha moza que vos meta en cintura"
seguro que di que si
ben, eu creo que a crítica é necesaria, así seguimos sen levantar cabeza neste país, poñéndonos a parir e con broncas internas
todo moi bonito

11/6/06 11:42 AM  
Anonymous O cuco said...

¡Ei, Carmucha! ¿Que pasa? ¿Seica atopaches as pastillas, por fin?

12/6/06 7:24 PM  
Blogger SurOeste said...

Alguén sabe cando é o cabodano de Carmucha?

15/6/06 4:57 PM  
Anonymous O'Xirarei said...

Haberá servizo de autobuses dende a casa mortuoria? En que parroquias paran? A que hora é a saca da casa?

15/6/06 7:47 PM  
Anonymous Anónimo said...

A Carmucha precisa dun crítico que a meta en cintura. Porque para gustos colores, pero hai que ter un pouquiño de autocrítica e de humildade...


a ver que tal lle senta, señora...

16/6/06 4:26 PM  
Blogger Carmucha said...

Caras e caros, falenme en feminino, que son unha vella.

20/6/06 5:34 PM  
Anonymous Anónimo said...

Cool blog, interesting information... Keep it UP »

14/3/07 11:35 PM  
Anonymous atopar said...

Anunciate gratis en Galego



www.atopar.es "Anuncios en Galego"

31/10/08 9:58 PM  

Enviar um comentário

<< Home